Dirección: Vía Ptolomeo,13 Pg. Tambre
Localidade: Santiago de Compostela
Provincia: A Coruña
CP: 15890
Sitio web: http://www.toldoscompostela.es/
Tel: 981 563 062
Fax:
Email: toldoscompostela@toldoscompostela.es


Fabricación de lonas e toldos

Toldos Compostela é unha cooperativa que xurde despois de quince anos de experiencia conxunta na mesma empresa de fabricación de lonas e toldos. As ansias de superación e de mellorar, o asesoramento con persoas expertas en cooperativismo e o compromiso das persoas socias fixeron que levaran a cabo o seu propio proxecto empresarial cooperativo.

Coñecedores do mercado, conscientes da súa traxectoria profesional, o seu obxectivo é un constante esforzo de superación, creatividade e deseño. Unha permanente selección de materias primas e un equipo de profesionais altamente cualificados fan que Toldos Compostela estea situada como unha das empresas galegas con maior proxección no seu sector.

Non en vano se consideran “toldeiros de toda a vida” e, na actualidade, a cooperativa proporciona traballo estable a dezasete persoas.


Actividades: Actividades de fabricación e comercialización de lonas e toldos, lonas, toldos
Sector(es): Confección, Outros servizos