Directorio /  Teixugo, S. Coop. Galega - Espazo Coop Ir a espazo.coop

Teixugo, S. Coop. Galega
Tipo: Cooperativa de Traballo Asociado
Enderezo: Rúa Nicaragua 8, 5ºA
Localidade: Vigo
Provincia: Pontevedra
CP: 36203
Teléfono: 986 264 193
Teléfono 1: 654 873 051
Email de contacto: teixugo@teixugo.com

Educación e xestión de proxectos ambientais

A cooperativa Teixugo é froito do traballo en común de varios profesionais procedentes de campos como a Bioloxía, a Educación Ambiental, e o Conservacionismo, constituída no ano 1999 na cidade de Vigo.

As actividades que desenvolve sitúase en distintas áreas de intervención:

Educación medioambiental e interpretación do patrimonio, creación ou xestión de aulas da natureza, deseño e realización de programas e itinerarios ambientais.

Organización de xornadas, congresos e cursos de especialización ambiental.

Deseño e elaboración de materiais: unidades didácticas, folletos, libros, etc.

Deseño de informes técnicos, proxectos ambientais, asesoría ambiental e elaboración de censos da flora e fauna.

Actividades de ocio e tempo libre: campamentos, saídas e excursións, xogos,  obradoiros, conta contos, animación de festas e actividades extraescolares.

Artesanía: deseño e organización de obradoiros, xornadas e cursos sobre técnicas artesanais, visitas culturais entre outras; sobre todo orientado para rapaces e rapazas.

Todos os traballos de Teixugo, S. Coop. van encamiñados á concienciación e capacitación das persoas nos conceptos de desenvolvemento sostible, coñecemento e conservación do medio ambiente, así como o estudo e recuperación do noso patrimonio cultural, etnográfico e histórico.

Preme sobre o nome para ver un vídeo da cooperativa:  teixugo

Teixugo estivo presente, co seu armonógrafo, na Culturgal

 

Para compartir esta historia, elija cualquier plataforma