Dirección: Avda. Feiraco, 25 baixo
Localidade: Negreira
Provincia: A Coruña
CP: 15830
Sitio web:
Tel: 981 881 665
Fax:
Email: mail@mail.mail


Confección de punto

Esta cooperativa xorde no ano 1998, logo de levar a cabo un curso de confección industrial a través do Concello. Contaron para a súa posta en marcha coa axuda da Fundación Luís Tilve.

Desde un primeiro momento foron conscientes de que a confección en punto ía ser mais beneficiosa para a empresa que en tela, polo que decidiron apostar por esa liña de traballo contactando con empresas pioneiras nese sector.

Tambre Punto dedícase pois á confección de prendas de punto variadas. Co tempo introduciron no traballo de confección o corte e remate de prendas, para garantir unha maior estabilidade laboral. As socias forman un grupo ben cohesionado, cun alto nivel de flexibilidade nos distintos postos de traballo.

Traballan fundamentalmente para un cliente, aínda que segundo a carga de traballo van compaxinando a tarefa para outros de menos dimensión de xeito puntual

 


Actividades: Actividade de confección industrial en punto, Confección, industrial, punto
Sector(es): Confección