Dirección: Rúa Poeta Manuel María, s/n
Localidade: Boiro
Provincia: A Coruña
CP: 15930
Sitio web: http://www.sonaxe.com
Tel: 665 700 533
Fax:
Email: info@sonaxe.com


Promoción e produción musical

Sonaxe xorde da man de catro persoas pertencentes ao mundo da música, que atoparon dificultades á hora de crear e editar os seus propios traballos. Decidiron crear a súa propia empresa de produción e o seu propio selo discográfico. A cooperativa encaixaba perfectamente coa filosofía de traballo en equipo, participación, implicación, responsabilidade e solidariedade que propugnan.

Os servizos que Sonaxe ofrece son:

– Promoción e difusión de novos talentos musicais.

– Produción e organización de eventos musicais (paquetes musicais mixtos e de estilos específicos como jazz, folk, rock, pop,…)

– Selo discográfico con tarefas de gravación, edición, deseño e distribución do traballo.

– Xestión dunha escola de música.

– Formación musical a medida, preparación para acceder ao conservatorio, clases de apoio, todo coa utilización de técnicas que reforzan a formación práctica.

– Organización de concertos didácticos.

Sonaxe foi galardoada co Premio aos Valores Cooperativos na edición do ano 2012 dos Premios á Cooperación do Consello Galego de Cooperativas.

Sonaxe estivo presente na edición do 2013 do Culturgal

O pase de diapositivas require JavaScript.


Actividades: Actividades de educación, Producción, discográfico, musical, promoción, promoción e produción musical, selo
Sector(es): Actividades culturais, de ocio e deportivas, Educación, formación