Dirección: Parcela G-22/23, Polígono de Pocomaco
Localidade: A Coruña
Provincia: A Coruña
CP: 15190
Sitio web: http://www.pegadas.es
Tel: 981 907 190
Fax: 981 923 428
Email: attcliente@pegadas.es


Pegadas realiza servizos de xestión cultural, de xestión dixital, e de serigrafía e rotulación. Traballan para empresas, asociacións, e institucións entre outros clientes, e contan cun equipo humano moi profesional.

Dispoñen dun gran catálogo de artigos publicitarios e soportes de comunicación visual así como da maquinaria necesaria para realizar traballos de serigrafía, tampografía, impresión dixital de gran formato e rotulación.

Ofrecen eses servizos separadamente ou en conxunto, en función das necesidades da clientela, podendo xuntar, por unha parte, a planificación e a execución dun proxecto cultural, co deseño gráfico, a rotulación e a estampación sobre todo tipo de materiais para publicitar o evento (ben sexa téxtil, reclamo publicitario, vinilos, lonas, displays ou outros), facendo tamén os labores de comunicación visual e cultural.

En Pegadas tamén realizan traballos relacionados coa organización e xestión de actos culturais como concertos, conferencias, cursos, xornadas, certames, festas ou excursións, entre outros.

Podes ver un exemplo do seu traballo neste vídeo.

 


Actividades: Marcaxe e comunicación, cultural, dixital, rotulación, serigrafía, xestión
Sector(es): Artes gráficas