Dirección: Hórreo 9-11, local 3 | Galerías da Praza de Galicia
Localidade: Santiago de Compostela
Provincia: A Coruña
CP: 15702
Sitio web: http://socios.panxea.org/
Tel: 981-937238 (Tenda e comercialización) | 649-350628 (Charlas e sensibilización)
Fax:
Email: socios@panxea.org


PANXEA é unha cooperativa de consumidoras e usuarias no ámbito do Comercio Xusto e o Consumo Responsable, traballan baixo criterios deste tipo de comercio e consumo.

Conta cunha Tenda de venda ao público na cidade de Santiago de Compostela, na que se atopan produtos de alimentación sobretodo, entre outros.

A historia de Panxea comeza en 1995, cando nace como asociación sen ánimo de lucro para o comercio xusto e solidario. En 2006 Panxea é galardoada co premio Vagalume do Concello de Santiago de Compostela polo traballo realizado na difusión do comercio xusto, o consumo responsábel e a economía social na cidade.

En 2010 Panxea evoluciona e adopta unha nova forma como Sociedade Cooperativa Galega, que é a encargada da xestión da Tenda na rúa da Rosa nº 36.

Panxea ten un funcionamento democrático, aberto e participativo.


Actividades:
Sector(es): Alimentación, Comercio