Dirección: Cta. de Catabois, km. 4
Localidade: Ferrol
Provincia: A Coruña
CP: 15405
Sitio web:
Tel: 981 318 311
Fax: 981 318 690
Email: pannosco@gmail.com


A cooperativa Pannosco é produto da adquisición da panificadora Pafesa por trinta e cinco dos seus traballadores, que deste xeito impiden o peche da empresa e garanten os seus postos de traballo. A cooperativa constitúese no ano 1985, acumula unha longa experiencia no sector da panificación e é ben coñecida na bisbarra de Ferrolterra.
Ao longo de todos este anos vai adaptándose ás novas demandas da clientela, ampliando as variedades de pan e demais produtos e introducindo novos procesos de fabricación. Ademais da elaboración propia de pan artesán, empanadas variadas e repostaría en xeral, que distribúe en tendas e supermercados da bisbarra, conta con puntos de venda propios na cidade de Ferrol, resultado dese proceso de adaptación que garante a supervivencia da empresa.


Actividades: Elaboración de pan e repostería, bolos, distribución, pan, venta
Sector(es): Alimentación, Comercio