Dirección: Estrada a Sto. Estevo, s/n Edificio Multidisciplinar de Luíntra
Localidade: Nogueira de Ramuín
Provincia: Ourense
CP: 32160
Sitio web:
Tel: 988 201 569/638 233 386
Fax:
Email: oteucaron@hotmail.com


Axuda no fogar, garantía de permanencia das persoas no seu hábitat social

 

A finais de 2012, cinco mulleres do Concello Ourensán de Nogueira de Ramuín, poñen en marcha unha cooperativa de traballo asociado no ámbito dos servizos sociais. Teñen iniciativa e formación, e co asesoramento oportuno desde a Oficina de Fomento Cooperativo do concello, deciden crear a súa propia empresa. Así, garanten un posto de traballo a súa medida, cubrindo a demanda de a atención de axuda no fogar en toda a comarca.

Oteucarón coa súa atención pretende dar un servizo de integración e integral, fortalecendo a malla social para evitar problemas de exclusión. As súas actividades van encamiñadas a que as persoas usuarias se sintan a gusto no seu entorno habitual e non teñan que abandonalo, fomentando o benestar psicosocial da persoa maior, xerando dinámicas para un envellecemento activo e saudable. Para garantir todo isto propón programas individuais, para cada persoa usuaria, de carácter preventivo e rehabilitador no que se poñen en funcionamento un conxunto de servizos e técnicas de intervención con profesionais que ofrecen unha atención persoal, doméstica, de apoio psicosocial, educativo e familiar.


Actividades: Axuda e acompañamento no fogar, apoio psicosocial, envellecemento activo e saudable
Sector(es): Servizos ás persoas e a comunidade