logo da cooperativa O Canto da Balea



Dirección: Lg. Portocubelo, s/n, Lira
Localidade: Carnota
Provincia: A Coruña
CP: 15292
Sitio web: http://www.ocantodabalea.com/web/
Tel: 609 566 591/ 639 905 221/ 658 278 249
Fax:
Email: ocantodabalea@gmail.com


O Canto da Balea son un grupo de biólogos/as mariños, con ampla experiencia no sector pesqueiro artesanal galego realizando labores técnicos e de asesoramento nas confrarías de pescadores, puxo en marcha o seu proxecto cooperativo que lles permita poñer en valor e proteger a sustentabilidade da pesca artesanal en Galicia.

Contan con amplos coñecementos da pesca de baixura, do traballo que realizan os nosos pescadores e mariscadoras e dos produtos que se extraen do mar para ser comercializados.

Contan coa colaboracion da Confraría de pescadores de Lira. Esta confraría leva anos traballando na defensa da pesca artesanal sostible. No ano 2007, por iniciativa dos pescadores, declárase a primeira Reserva Mariña de Galicia, “Os Miñarzos”.

Os servizos que ofrecen van dende o asesoramento técnico na elaboración de estudos mediambientais e mariños, á realización de actividades divulgativas, como roteiros, obradoiros, actividades para escolares e experiencias mariñeiras. Pero o seu servizo estrela é a comercialización de peixe fresco, provinte da pesca artesanal sustentable, peixe fresco, que se serve nun prazo de 24 horas a domicilio, xa limpo e en paquetes persoalizados garantindo a calidade hixiénico sanitaria.


Actividades: asesoramento técnico na elaboración de estudos mediambientais e mariños, comercialización de peixe fresco, provinte da pesca artesanal sustentable, realización de actividades divulgativas
Sector(es): Actividades culturais, de ocio e deportivas, Alimentación, Medio ambiente