Directorio /  Nova Aseconia, S. Coop. Galega - Espazo Coop Ir a espazo.coop

Nova Aseconia, S. Coop. Galega
Tipo: Cooperativa de Traballo Asociado
Enderezo: R/ das Mulas, 12 baixo esquerda
Localidade: Santiago de Compostela
Provincia: A Coruña
CP: 15705
Teléfono: 981 573 075
Email de contacto: info@novaaseconia.com

Nova Aseconia é unha cooperativa situada en Santiago de Compostela, cuxos socios son traballadores con ampla experiencia no sector da construción, tanto na xestión, coma na planificación e a execución de obras de todo tipo.

En Nova Aseconia están especializados na xestión e execución de reformas integrais de vivendas, rehabilitacións en edificios catalogados de especial protección, adecuacións de locais comerciais, implantación de oficinas e actuacións de todo tipo en comunidades de veciños.

Nova Aseconia ten un equipo profesional cualificado con anos de experiencia na planificación, coordinación e execución de obras. Rehabilitan, constrúen, reforman e prestans servizos de reparación e mantemento. Entre os seus servizos destacan:

* Rehabilitación integral de edificios

* Rehabilitación de cubertas e fachadas.

* Reformas completas ou parciais de vivendas.

* Mobiliario de cociña.

* Carpintaría en xeral.

* Instalacións eléctricas, de fontanaría e calefacción.

Así mesmo xestionan a consecución de Licenzas de Obras e todos os trámites ante as administracións públicas necesarios para a realización das obras.

Nova Aseconia foi galardoada co Premio ao Mellor Proxecto Cooperativo na edición do ano 2012 dos Premios á Cooperación que convoca o Consello Galego de CooperativasMais información aquí.

 

Para compartir esta historia, elija cualquier plataforma