Directorio /  Mulleres Colleiteiras s. coop. galega - Espazo Coop Ir a espazo.coop

Mulleres Colleiteiras s. coop. galega
Tipo: Cooperativa de Traballo Asociado
Enderezo: Rúa O Barbanza - Polígono Industrial de Iñás, nave 9
Localidade: Oleiros
Provincia: A Coruña
CP: 15171
Teléfono: 608 549 354

O proxecto Mulleres Colleiteiras ten como principal obxectivo o traballo de recollida, almacenamento, valorización e reutilización do aceite doméstico usado, ofrecendo unha proposta eficaz ao problema dos verquidos de aceite nas cociñas e ao aproveitamento dun recurso.

Desta forma, a iniciativa céntrase no beneficio económico e social mediante a creación de postos de traballo, e ambiental aproveitando un recurso moi enerxético e evitando  o problema de verquidos, mediante un proceso local na totalidade do ciclo de xestión, dende a súa recollida ata a súa transformación e utilización en equipamentos locais.

 

Para compartir esta historia, elija cualquier plataforma