Dirección: Lugar de O Coto, 1
Localidade: Palas de Rei
Provincia: Lugo
CP: 27200
Sitio web: http://www.milhulloa.es/
Tel: 620 783 682 / 646 569 126
Fax:
Email: milhulloa@hotmail.com


En Palas de Rei, no Camiño de Santiago, atópase Milhulloa, S. Coop. Este proxecto de auto emprego formado por tres persoas nace no ano 2000 e dedícase o cultivo ecolóxico e comercialización de plantas aromáticas e medicinais. A cooperativa traballa na recuperación da flora autóctona en perigo de extinción e para elo ten un convenio de colaboración coa Universidade de Santiago para análise e mellora dos cultivos. É a única empresa galega dedicada a esta actividade e que leva a cabo todo o ciclo, desde a produción á transformación e venda do produto.

Ao longo da súa traxectoria foron incorporando novos produtos ó proceso de deshidratado como alternativa a outras foras de consumo e mantemento dos produtos. Están a traballar tamén con verduras e hortalizas (grelo, espinaca, pemento, tomate, cebola e cabaza). Elaboran ademais aceites esenciais e produtos de baño, impartindo ademais, cursos de cosmética natural. Milhulloa forma parte do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA) e tamén é socia da Asociación de Produtores/as Ecolóxicos/as de Galicia (APEGA).

De xeito complementario e levando á práctica os principios cooperativas gostan de realizar e participar en actividades de divulgación e formación cooperativa, así como de atender visitas guiadas á cooperativa.

No ano 2014, na liña de diversificación e mellora continua, emprenden, xunto coas compoñentes de Granxa Maruxa a creación dunha nova empresa, Aires da Ulloa. A través dela xuntan experiencias, coñecementos e esforzos para dedicarse á elaboración de produtos de cosmética, coas plantas de Milhulloa e o leite de Granxa Maruxa.

Milhulloa foi a cooperativa anfitriona no Día do Cooperativismo do ano 2011.

 


Actividades: Deshidratado de vexetais e plantas medicinais e aromáticas, Grelo, aceites, aromáticas, baño, comercialización, cosmetica, cultivo, deshidratado, esencias, medicinais, natural, plantas, productos, verduras
Sector(es): Agricultura, gandería e pesca, Alimentación, Comercio, Medio ambiente