Directorio /  Metal Unión, S. Coop. Galega - Espazo Coop Ir a espazo.coop

Metal Unión, S. Coop. Galega
Tipo: Cooperativa de Traballo Asociado
Enderezo: Zona Industrial Xeixalbo, km 548-Nave 8
Localidade: Ourense
Provincia: Ourense
CP: 32970
Teléfono: 988 234 610
Email de contacto: metalunion@metalunion.net

Equipos e mantemento industrial

En pleno Polígono de Xeixalbo (Ourense) atópase  Metal Unión, unha cooperativa de traballo asociado que desde 1994 presta os seus servizos de fabricación e reparación de formigoneiras, caldeirería, mantemento industrial e construcións metálicas en xeral.

A súa constitución é produto do proceso de reconversión dunha empresa en crise da que se fan cargo oito dos traballadores, que deciden unir esforzos para manter o seu posto de traballo, amosando, asemade, a viabilidade da empresa.

Na actualidade está formada por catro persoas socias que conseguiron darlle un avance importante á empresa, creando colaboracións estables con outras cooperativas da contorna e desenvolvendo relacións comerciais con mais de cincocentos clientes ao longo da xeografía española e portuguesa.

Para compartir esta historia, elija cualquier plataforma