Dirección: Rúa da Rosa, 22, 3º esq.
Localidade: Santiago de Compostela
Provincia: A Coruña
CP: 15701
Sitio web:
Tel: 620 610 013
Fax:
Email: mediamoscoop@gmail.com


A cooperativa Mediamos traballa unha actividade pouco desenvolvida: a mediación, unha ferramenta que evita conflitos e simplifica os procesos en xulgados e outros ámbitos, entre outras vantaxes.

Mediamos naceu en 2009, por iniciativa dun grupo de participantes dun postgrao sobre Mediación. Son un equipo multidisciplinar de doce persoas socias, maioritariamente mulleres do ámbito do dereito, a psicoloxía, a logopedia e a docencia. O modelo cooperativo de traballo, foi para algunhas o xeito de dedicarse a esta actividade sen ter que deixar os seus empregos, e para outras, a forma de canalizar o seu traballo en exclusiva nesta actividade. A cooperativa convenceunos tamén por filosofía e polo sistema de organización e colaboración que brinda.

A cooperativa tamén traballa para particulares (evitando os elevados custos dun xuízo) pero non actúa en asuntos penais ou de violencia de xénero.

Outra das áreas de traballo de Mediamos é a formación: imparten docencia en distintas materias. Teñen un convenio coa UNED e colaboran coa Escola de Relacións Laborais da Coruña. Ademais, son docentes en habilidades sociais para equipos directivos e proxectan dar formación tamén en modalidade de teleformación.


Actividades: Formación, asesoría, consultoría, formadores, mediación, mediadores, servizos
Sector(es): Consultoria, asesoramento, Educación, formación, Outros servizos