Dirección: Maceiras, 13 baixo
Localidade: Vigo
Provincia: Pontevedra
CP: 36207
Sitio web:
Tel: 629 634 772
Fax:
Email: servimars@hotmail.es


Reformas e reparacións diversas

Mars Mantenimiento cooperativa enmarcada dentro das empresas auxiliares da construción, dedicase fundamentalmente ao mantemento e recuperación e todo tipo de obras, tanto residencial como empresarial. Constituída no ano 1996 na cidade olívica, conta como maior baza a traxectoria profesional dos catro socios que a forman, onde conxugan distintas profesións que fan que o seu traballo se complemente á perfección e lles permite ofrecer un servizo integral aos seus clientes.

No catálogo de actuacións que desenvolve a cooperativa atopamos: mantemento e reparacións en centros públicos, vivendas privadas, centros de traballo, e alí onde sexan demandados, xa que no seu equipo de traballo contan con profesionais da pintura, albanelería, fontanería, etc.


Actividades: Construción e reparación e mantemento de edificios, edificios, reparacións
Sector(es): Construción, Mantemento e instalacións