Directorio /  Maier Ferroplast, S. Coop. Galega - Espazo Coop Ir a espazo.coop

Maier Ferroplast, S. Coop. Galega
Tipo: Cooperativa de Traballo Asociado
Enderezo: P.I. A Granxa, paralela 2 - rúa I
Localidade: O Porriño
Provincia: Pontevedra
CP: 36400
Teléfono: 986 343 420
Email de contacto: juavil@mp.maier.es

Maier Ferroplast Sociedad Cooperativa Galega, a firma porriñesa de compoñentes para automoción, pertence ao consorcio vasco Maier, que forma parte á súa vez da Corporación Mondragón. A actividade fundamental de Ferroplast é a fabricación de pezas plásticas mediante inxección para a industria de automoción (aínda que subministra tamén a outros sectores).

A sociedade Maier S. Coop. constituíuse en 1975 e en 1991 adquiriu Ferroplast. Foi no ano 1998 cando inaugurou a nova planta en Porriño (no polígono da Granxa). No ano 2012 Maier Ferroplast convertiuse na primeira sociedade cooperativa mixta de traballo asociado de Galicia. Máis de 150 dos 190 traballadores que integraban o equipo indefinido de Maier Ferroplast aceptaron o paso de asalariados a socios cooperativistas, cambiando a fórmula xurídica da empresa de sociedade limitada a sociedade coperativa.
A área de negocio do grupo Maier divídese en tres áreas: automoción, telefonía e electrodomésticos. No caso de Maier Ferroplast, este subministra pezas de plástico estampadas a PSA Peugeot Citroën, DC Grupo, Visteon, GM Grupo, Volkswagen Grupo, Tirafonda, Ford, Grupo Renault-Nissan, Antolín, Toyota e Faurecia. O 84% das vendas son para o mercado nacional, e un 76% destas concéntranse en Galicia (PSA-Vigo). A actividade comercial está centralizada en Maier S. Coop. (en Guernica).
Segundo o informe Ardán 2012 do Consorcio da Zona Franca, Ferroplast facturou en 2010 case 33 millóns de euros, alcanzando unha rendibilidade económica do 16,39%. Ese ano, entre emprego fixo e eventual, a planta de Porriño empregou 279 traballadores.

 

 

Para compartir esta historia, elija cualquier plataforma