Dirección: R/ Dous de Maio, 66
Localidade: Xinzo de Limia
Provincia: Ourense
CP: 32630
Sitio web: http://www.limiaxestion.com
Tel: 988 550 017
Fax:
Email: lxestion@terra.es


LIMIA XESTIÓN, S.COOP.GALEGA é unha cooperativa de traballo asociado de notable experiencia e reputación no eido das asesorías, que presta servizos de consultoría e asesoramento integral ás PEMES, no ámbito da Limia, nos Polígonos Industriais Ourensáns e tamén no Parque tecnolóxico de Galicia.

Ofrecen os seus servizos en dous ámbitos ben diferenciados:

  • ÁS EMPRESAS DE NOVA CREACIÓN: Desenrolo da idea do negocio, elaboración do plan de empresa, estudios de viabilidade, análises de mercados, plans de produción, busca de financiamento, tramitación de subvencións etc.
  • ÁS EMPRESAS XA INSTALADAS: Abordámo-la problemática das empresas xa instaladas, partindo da información obtida das análises da súa situación patrimonial e dos estudios de custos, para chegar á implantación de accións encamiñadas a garanti-la súa viabilidade futura, mellora-la produtividade e rentabiliza-lo negocio.

 

O carácter emprendedor dos socios, xunto coa formación académica e a experiencia acumulada en anos de traballo, permítenlles ofertar un servicio de calidade ás empresas, contribuíndo en gran medida ao éxito das novas iniciativas empresariais e a mellorar a rendibilidade económico-financeira das empresas xa existentes, mediante o análise da súa situación patrimonial, a busca de novas alternativas de negocio, os análises de custos, as reestruturacións financeiras, os estudios de mercado, etc.

 


Actividades: Asesoramento e consultoría empresarial, asesoría, consultoría, empresas
Sector(es): Consultoria, asesoramento