Directorio /  Instalacións Antelco, S. Coop. Galega - Espazo Coop Ir a espazo.coop

Instalacións Antelco, S. Coop. Galega
Tipo: Cooperativa de Traballo Asociado
Enderezo: Pg. industrial de Xinzo Rúa 1 parcela 10
Localidade: Xinzo de Limia
Provincia: Ourense
CP: 32630
Teléfono: 988 106 910

Electricidade e montaxe de naves para gandería

No ano 2005 xurde, na comarca da Limia, unha cooperativa de traballo asociado constituída por sete persoas socias, que decidiron dar un salto importante na súa forma de traballar e apostaron por esta fórmula xurídica, que estimaban mais viable para os seus intereses. Logo de traballar como autónomos e de coincidir nos últimos dez anos como compañeiros nunha das empresas do grupo COREN, desempeñando a mesma actividade, estimaron oportuno dar este paso.

Instalacións Antelco dedícase á montaxe de todo tipo de naves para a gandería, equipándoas cos recursos necesarios. Dende a estrutura externa ata os equipamentos interiores e a instalación eléctrica de fontanería e calefacción, sistemas de ventilación. Realizan os seus traballos por toda a xeografía galega e tamén fora da nosa comunidade.

 

Para compartir esta historia, elija cualquier plataforma