Directorio /  Galtecma, S. Coop. Galega - Espazo Coop Ir a espazo.coop

Galtecma, S. Coop. Galega
Tipo: Cooperativa de Traballo Asociado
Enderezo: Camilo José Cela, 3 baixo
Localidade: Vigo
Provincia: Pontevedra
CP: 36208
Teléfono: 986 278 101
Email de contacto: galtecma@telefonica.net

Galega técnica de mantementos

Galtecma é unha empresa galega que se adica fundamentalmente á instalación e mantemento de sistemas de calefacción, auga quente sanitaria (ACS), aire acondicionado, ou automatismos eléctricos, entre outros.

Galtecma foi promovida por catro traballadores que no ano 2001, tras unha longa experiencia no sector en empresas de recoñecido prestixio internacional como Honeywell STI, decidiron fundar o seu propio proxecto e ofrecer servizos neste sector. Actualmente, a empresa está formada por un total de oito persoas socias cooperativistas e unha persoa empregada, todas persoal de alta cualificación.

Polas súas mans teñen pasado entre moitos outros, os sistemas de edificios como As Torres de García Barbón (Vigo), o Centro Comercial Camelias (Vigo) ou os Xulgados de Vigo e A Coruña.

A gran calidade no servizo ofrecido non sería posible sen recorrer a materiais de primeiras marcas no sector: Acumuladores e Depósitos de auga VITREX, Caldeiras DIETRIC, etc.

Para compartir esta historia, elija cualquier plataforma