Dirección: Rúa Liberdade, 25 baixo
Localidade: Ourense
Provincia: Ourense
CP: 32005
Sitio web: http://www.faiscas.es/
Tel: 988 249 850
Fax:
Email: faiscasco@teleline.com


Servizos socioeducativos e de lecer

Faíscas é unha cooperativa que se dedica aos servizos socio-educativos e de lecer, con sede na capital ourensá. Na actualidade esta formada por catro persoas socias, e ven prestando os seus servizos dende o ano 1997.

A cooperativa desenvolve programas para a Área de Servizos Sociais do Concello de Ourense. Ademais realiza actividades de ocio e tempo libre en centros de ensino, para particulares ou institucións. É Centro de Formación de Traballo en colaboración co IES Portovello e entidade prestadora de servizos sociais.

A cooperativa conta con persoal cualificado, diplomados en maxisterio, educadores sociais, integradores sociais, monitores de ocio e tempo libre, etc., o que lle permite a prestación de diferentes servizos á comunidade, a realización de proxectos e programas de carácter educativo e social, a organización de campamentos e excursións ao aire libre, organizacións de festas e festivais de Nadal e de fin de curso en centros escolares así coma a posta en marcha das actividades extraescolares que se desenvolven nos mesmos e a organización de cursos formativos, entre outras actividades.


Actividades: Actividades e servizos de lecer e atención social, actividades, educación, libre, ocio, proxectos, sociais, tempo
Sector(es): Actividades culturais, de ocio e deportivas, Educación, formación