Dirección: Praza de Abastos, nave 7- postos 246- 247
Localidade: Santiago de Compostela
Provincia: A Coruña
CP: 15702
Sitio web: https://www.facebook.com/equisol.comercioxusto
Tel: 699 202 350
Fax:
Email: comercioxustoequisol@yahoo.es


Comercio xusto e consumo responsable

Equisol, S. Coop Galega, nace da man de tres mulleres emprendedoras e con ampla experiencia en comercio xusto, catering e hostalería; elixindo a fórmula cooperativa como un modelo igualitario de traballo e participación das súas socias.

Equisol dedicase ao comercio xusto e na súa tenda pódese atopar desde  produtos de alimentación, artesanía, cosmética, libros e papelería en xeral,  ata produtos téxtil e droguería. Na actualidade posúe un punto de venda na Praza de Abastos da cidade Compostelá (Praza de Abastos, nave 7- postos 246- 247).

A súa presenza en feiras de diversa índole tamén é unha realidade sempre que teñen dispoñibilidade, facendo fincapé nos principios do comercio xusto e do cooperativismo.

Realizan tamén actividades de divulgación e sensibilización sobre comercio xusto, agricultura ecolóxica e consumo responsable, participan e promoven os mercados de troco e empréstito de libros.

 


Actividades: Actividades de comercio xusto e ecolóxico, agricultura, comercio, consumo, ecolóxica, produtos, responsable, tenda, xusto
Sector(es): Comercio