Dirección: Lugar de A Barra, nº2
Localidade: Coles
Provincia: Ourense
CP: 32152
Sitio web: http://www.centroequal.com
Tel: 988 206 353
Fax:
Email: info@centroequal.com


Educación no respecto á natureza

O Centro de Educación Ambiental e Albergue Equal inaugurouse en maio de 2002 no concello de Coles. A cooperativa está formada por tres persoas que decidiron abandonar as súas profesións como docentes no ensino regrado para iniciar unha nova andadura no eido do ensino non regrado, en particular na Educación Ambiental. Pretenden fomentar e formar nunha mellor relación co contorno e tódolos elementos que o integran, para acadar unha mellor calidade de vida mediante a educación en valores sociais, ambientais e humanos, a creatividade e o achegamento á natureza.

Entre as actividades que se desenvolven en Equal contase con programas de ocio e tempo libre, campamentos e estancias dirixidos a escolares, asociacións, grupos, familias, persoas maiores, etc.; programas de educación medioambiental e de contacto coa natureza. Xestionan desde a cooperativa un comedor social, para fomentar as relacións entre as persoas do contorno e dispoñen de aulas de formación.

Desde a cooperativa Equal proponse unha forma diferente de pasar o tempo libre, con distintas e divertidas actividades ambientais e lúdico creativas.

Preme sobre o nome para ver un vídeo da cooperativa: equal

 


Actividades: Actividades de educación ambiental lecer e albergue, Campamentos, educación, libre, medioambiental, ocio, programas, tempo
Sector(es): Actividades culturais, de ocio e deportivas, Medio ambiente