Dirección: Rúa Real, 194, baixo
Localidade: Ferrol
Provincia: A Coruña
CP: 15401
Sitio web: https://www.facebook.com/enerxica.enerxica/about
Tel: 605 208 379
Fax:
Email: enerxica@gmail.com


Enérxica. S. Coop. Galega”, ten como obxectivo proporcionar á comarca de Ferrolterra un espazo para a realización de actividades físicas, mellora do rendemento deportivo, e a práctica do método ximnástico Pilates

A idea de negocio non se basea no concepto de ximnasio tradicional, senón que apostan por novos enfoques dentro do sector, como son o adestramento persoal, o trato individualizado, a calidade dos adestramentos, a personalización da actividade física a cada cliente, etc. Propoñen un centro de adestramento onde as características das salas, a iluminación, o son, e o aforo son mais idóneas que nos ximnasios tradicionais, e nun futuro crear unha liña de roupa deportiva, que levara a marca  “Placaxe.Roupa de deporte”.

 

As persoas que emprenden este proxecto son; Francisco Usero Barcena, Juan Antonio Garcia Martinez e Pilar Lozano Yañez.

Os dous primeiros contan con máis de dez anos de experiencia no sector do deporte e pretenden con este proxecto dar o seu salto ao mundo empresarial, no que esperan a medio prazo alcanzar un posicionamento como referentes de calidade no ámbito deportivo. A terceira formada no mundo da xestión e xerencia empresarial conta con máis de seis anos de experiencia no mundo da xerencia e da formación.

Francisco Usero Barcena: Licenciado en Educación Física pola Universidade de Vigo, ten formación regrada en Pilates, así como máis de 10 anos de experiencia en ximnasio e en adestramento persoal e   preparación  física en clubs deportivos. Ademais disto practica deporte de maneira profesional no “Blusens Universidade de Vigo”, que xoga na división de honra da liga  española de rugby.

Juan Antonio García Martínez: Técnico superior en actividades físicas e deportivas, ten formación regrada en Pilates, máis de 10 anos de experiencia en ximnasio, en adestramento persoal, así  como experiencia en preparación  física en clubs deportivos.

Pilar Lozano Yañez: Diplomada en Relacións Laborais, pola Universidade de A Coruña; Técnico superior de prevención de riscos laborais, e Técnico medio en recursos humanos. Ten experiencia de seis anos en xestión administrativa en empresas de distintos sectores.


Actividades: Adestramento persoal e estudo de Pilates
Sector(es): Actividades culturais, de ocio e deportivas