Dirección: Lg. Quintilláns- S. Pedro de Bugallido
Localidade: Ames
Provincia: A Coruña
CP: 15895
Sitio web: http://www.disergal.com/
Tel: 981 523 460
Fax:
Email: disergal@hotmail.com


 

Serigrafiado en calquera soporte.

No ano 2009, tres mozos con ampla experiencia no deseño gráfico, tampografía e serigrafía deciden xuntarse e constituír a súa propia empresa baixo a fórmula xurídica de cooperativa de traballo asociado, no concello de Ames.

A actividade a desenvolver por DISERGAL, S. Coop. Galega, é, principalmente, a comercialización de artigos téxtiles, laborais e promocionais personalizados/estampados co logo da clientela. A comercialización de téxtil promocional, vestiario laboral, carteleira empresarial para exterior, regalo promocional e soportes de consumo son os eixes básicos nos que se asenta a actividade; habendo realizado os contactos pertinentes con diferentes empresas maioristas de importación deste tipo de produtos.

Personalizan calquera produto que se atope entre nos seus catálogos xa sexa en serigrafía, tampografía, sublimación, bordado, estampación, rotulación e impresión dixital …

Ademais desta actividade principal, ofrece a realización de seminarios ou talleres de fin de semana a ONGs, concellos e Institutos para a realización de cursos sobre serigrafía e estampación (reforzando a actividade de venda do produto).

 


Actividades: Actividades e deseño, gráfica, impresión, serigrafía, serigrafía e impresión en calquera tipo de soporte
Sector(es): Artes gráficas