Directorio /  Daiquí, S. Coop. Galega - Espazo Coop Ir a espazo.coop

Daiquí, S. Coop. Galega
Tipo: Cooperativa de Traballo Asociado
Enderezo: Lg. A Carballal, 10 baixo
Localidade: Rairiz de Veiga
Provincia: Ourense
CP: 32652
Teléfono: 988 302 171
Teléfono 1: 637 583 083
Email de contacto: pedidos@daiqui.com

Produción e venda de produtos ecolóxicos

Na comarca da Limia, no corazón de Rairiz de Veiga, xorde Daiquí, S. Coop. resultado da xuntanza de cinco persoas labregas, procedentes dunha asociación de produción ecolóxica, coas esperanzas de coidar a súa contorna natural e tendo moi claro que no “ecolóxico” esta a única saída para a protección da saúde e da terra que nos da de comer. As persoas socias da cooperativa caracterízanse pola loita na conservación do ecosistema tradicional agrario e  un desenvolvemento sostible.

A cooperativa Daiquí dedícase á produción e comercialización de produtos ecolóxicos. Conta cunha tenda física e outra virtual, a través da súa páxina web. Distribúe no ámbito nacional baixo pedido.

Contan cunha varidade de produtos importante: desde froitas, verduras e hortalizas, legumes e cereais, mel, pole, froitos secos, lácteos, conservas, pasta, algas, bebidas… ata produtos de aseo e hixiene, limpeza do fogar e artesanía.

A filosofia de Labregos Daiquí é non só vender senón que os/as consumidores/as sexan persoas informadas e responsables co que as rodea. Invitando a todo o  mundo a a cambiar de estilos de vida e alimentarse dun xeito san.

 

Para compartir esta historia, elija cualquier plataforma