Dirección: Rúa Betanzos, 44 baixo
Localidade: Santiago de Compostela
Provincia: A Coruña
CP: 15703
Sitio web: http://www.culturactiva.org
Tel: 981 582 836
Fax: 981 575 699
Email: info@culturactiva.org


Proxecto coper@activa cultural – cultur@ctiva

Coper@ctiva Cultural Cultur@ctiva é un proxecto profesional especializado na xestión cultural e a dinamización social, tanto no ámbito creativo coma formativo, que traballa para aportar solucións reais ás necesidades técnicas das entidades e institucións galegas e que busca crear novas iniciativas dentro da realidade cultural galega.

Esta entidade naceu no ano 2001 co obxecto de potenciar un modelo de xestión cultural que colocase á persoa no centro de toda actividade, interpretando a cultura como unha ferramenta de desenvolvemento humano, social e económico.

Contan cunha intensa traxectoria na xestión de eventos: Festival Internacional de Clown de Galicia (Festiclown), Festival Internacional de Cine Olladas do Planeta, Festival Musical Galeuzca e o Festival das Artes pola Biodiversidade Terr@ctiva. No eido de xestión de alternativas de ocio para a mocidade destaca o proxecto Fest@ctiva e os campamentos de verán Camp@ctiva.

A formación permanente é outra das súas prioridades, polo que fundaron Escol@ctiva dende a cal non só se traballa de cara o tempo libre senón que tamén se aborda a formación para a dinamización social e o fortalecemento das asociacións culturais e xuvenís como xornadas de carácter medioambiental e de educación sexual, tan necesarias e demandadas pola poboación, cursos de monitores de tempo libre e formación de dinamizadores culturais, xuvenís e ambientais.

Así mesmo, no campo do teatro ademais da experiencia que lles reporta a organización dun dos festivais de clown máis importantes de Europa, aválaos a creación da primeira escola en Galicia de formación permanente en teatro cómico O Seminario Cómico Galego, así coma os máis de corenta cursos de clown e teatro de humor que organizaron ao longo destes anos en diversas partes de Galicia, ademais da creación da primeira compañía galega estable de clown: Os Sete Magníficos máis Un.

Culturactiva Promo from Culturactiva on Vimeo.

 


Actividades: Actividades de xestión cultural e dinamización social, Dinamización, Formación, alternativas, circo, cultural, eventos, ocio, social, teatro de rúa, xestión
Sector(es): Actividades culturais, de ocio e deportivas