Dirección: O Río- Santa Tegra, s/n
Localidade: Castro Caldelas
Provincia: Ourense
CP: 32764
Sitio web:
Tel: 628 474 264
Fax:
Email: comocabras@yahoo.es


No ano 2004, catro mozos e mozas deciden deixar o ámbito urbano para levar unha vida máis saudable no campo ó tempo que desenvolver unha actividade empresarial que lles garanta un posto de traballo. Elixen por en marcha a cooperativa Como Cabras en Castro Caldelas, zona ameazada pola despoboación e o abandono do medio rural.

A cooperativa dedícase á elaboración de queixo de cabra de raza murciano-granadina, que dada a súa rusticidade ten unha gran capacidade de produción de leite e adaptabilidade ao clima. A explotación está enclavada nunha finca cunha carballeira de mais de 4 hectáreas, que lle da nome ao queixo que elaboran: “Touza Vella“.

O queixo elaborado con leite cru preséntase cunha cortiza enmohecida natural, sen tratamento químico, contribuíndo así á formación de aromas e sabores específicos. De sabor suave ao principio vaise intensificando a medida que se avanza a maduración, dando paso a un lixeiro sabor picante moi agradable.

De xeito complementario a esta actividade a cooperativa vende leite de cabra excedente e cabritos.


Actividades: Elaboración e venda de queixo e leite de cabra, leite, queixo, venta
Sector(es): Agricultura, gandería e pesca, Alimentación