Directorio /  Colexio Vila do Arenteiro S. Coop. Galega - Espazo Coop Ir a espazo.coop

Colexio Vila do Arenteiro S. Coop. Galega
Tipo: Cooperativa de Ensino
Enderezo: Corzos, 6
Localidade: O Carballiño
Provincia: Ourense
CP: 32500
Teléfono: 988 27 14 00

O Colexio Vila do Arenteiro encóntrase situado na comarca do Carballiño, pórtico natural entre o Ribeiro e a montaña na vila termal e turística do interior de Galiza.

O centro cooperativo atópase nunha paraxe de singulares expectativas urbanísticas, cun contorno dominado por edificacións unifamiliares e abundante natureza, no límite entre os Concellos de Maside e O Carballiño.

Este centro fundouse, como sociedade cooperativa, no mes de abril de 1986, por dez persoas socias, algunhas delas profesores e profesoras do Colexio Isabel a Católica centro que pechaba ese mesmo ano. Formulamos desde o principio unha ensinanza moderna, integradora, de respecto pola natureza e con servizos globais, desde a Gardaría até a ESO, con comedor, transporte por toda a Comarca e unha gran variedade de actividades extraescolares.

Niveis educativos

  • Escola infantil. Gardería.
  • Educación primaria.
  • Educación infantil (3, 4 e 5 anos).
  • Educación secundaria.
  • Educación especial.
Para compartir esta historia, elija cualquier plataforma