Directorio /  Colexio Santiago Apóstol S. Coop. Galega - Espazo Coop Ir a espazo.coop

Colexio Santiago Apóstol S. Coop. Galega
Tipo: Cooperativa de Ensino
Enderezo: Rúa de A Montesiña, 33
Localidade: Soutomaior
Provincia: Pontevedra
CP: 36691
Teléfono: 986 700 086
Email de contacto: sapostol@hotmail.com

A cooperativa de ensino Santiago Apóstol nace en 1976 froito dunha profunda e responsábel inquietude de renovación e cambio tanto a nivel educativo como socio-laboral, sendo a primeira cooperativa de ensino da provincia de Pontevedra. Unha verdadeira “revolución” no sistema educativo que antepón os principios pedagóxicos  e os valores de cooperativismo, antes que calquera outro intento meramente económico.

Foi esta unha iniciativa sen dúbida arriscada, unha aposta de futuro que hoxe podemos dicir que é unha fermosa realidade consolidada. En poucos anos esta modalidade de cooperativismo esténdese a nivel autonómico co xurdimento de novas cooperativas de ensino.

A nosa traxectoria no tempo, pasa dun local en Avda José Solla en Arcade no que contabamos cunha liña dos 5 anos a 8º de E.G.B., á inauguración das actuais instalacións o 10 de outubro de 1981, nas que que ofrecemos un servizo á comunidade educativa que abrangue dende os catro meses ata o Bacharelato.

Este “éxito” non sería posíbel sen o esforzo e a entrega de todos e cada un dos profesionais que integran a cooperativa, e o apoio incondicional de pais e nais do alumnado do Colexio que creron e cren no proxecto educativo. Un proxecto baseado na igualdade de oportunidades, no respecto á diversidade, no desenvolvemento integral da persoa e no convencemento de que todo esforzo vale a pena.

Niveis educativos

  • Educación Infantil (0-6 anos).
  • Educación Primaria.
  • E.S.O.
  • Bacharelato.
Para compartir esta historia, elija cualquier plataforma