Dirección: Rúa Pintor Máximo Ramos 11
Localidade: Ferrol
Provincia: A Coruña
CP: 15401
Sitio web: http://www.colegiosanrosendo.com/
Tel: 981 357 562 - 981358751
Fax: 981357562
Email: cpr.sanrosendo@edu.xunta.es


 

O Colexio San Rosendo foi fundado no ano 1969 e transformado en sociedade cooperativa no ano 1984. O centro consta de dúas sedes, unha dedicada á Educación Infantil, Primeiro ciclo de Educación Primaria e Educación Especial e outra ao segundo e terceiro ciclo de Educación Primaria. Tamén conta con comedor, patio exterior, ximnasio, aula de logopedia, sala de ordenadores, sala de usos múltiples, sala de profesorado, biblioteca, oficinas e sala cedida á ANPA.

Obxetivos

Un desenvolvemento integral do alumnado, poñendo todas as medidas posíbeis ao seu alcande, para favorecer a aprendizaxe de forma significativa. Potenciar unha actitude de tolerancia e respecto cara aos demais, coas súas afinidades e diferenzas.Fomentar unha colaboración entre os membros da comunidade escolar (pais, nais, profesores e profesoras e alumnado) xa que creen que desta depende en gran parte o éxito do proceso educativo. Liderar iniciativas sociolóxicas e tecnolóxicas para adaptarse aos cambios que experimenta a sociedade.

Niveis educativos

  • Educación Infantil.
  • Educación Primaria.
  • Educación Especial.

Actividades:
Sector(es): Educación, formación