Directorio /  Colexio Possumus S. Coop. Galega - Espazo Coop Ir a espazo.coop

Colexio Possumus S. Coop. Galega
Tipo: Cooperativa de Ensino
Enderezo: Rúa Purificación Saavedra, 62
Localidade: Vigo
Provincia: Pontevedra
CP: 36207
Teléfono: 986 371 330
Email de contacto: possumus@ucetag.org

O Colexio Possumus inicia a súa andaina educativa con anterioridade a 1970 ao fusionarse tres centros adicados á ensinanza. En 1983 o centro constitúe unha sociedade cooperativa de ensino.

Son un colexio laico cun modelo de pedagoxía libre baseado na tolerancia e o respecto a todo tipo de crenzas e opinións, fomentando unha aprendizaxe solidaria e non discriminatoria.

O seu Proxecto Educativo está baseado na formación integral dos alumnos e das alumnas, potenciando as capacidades e destrezas propias de cada unha das etapas educativas e atendendo dun xeito especial aos nenos e as nenas que presentan máis dificultades na aprendizaxe e na integración.

O centro está integrado dentro das actividades lúdicas e culturais do barrio de Teis, tendo recoñecido un amplo prestixio que tentan manter e mellorar co seu labor ao longo dos anos.

Durante o transcurso do curso realízanse saídas didáctico-culturais a lugares de interese pedagóxico e celébranse conmemoracións con carácter formativo e festivo.

Niveis educativos

  • Educación infantil (3-6 anos).
  • Educación primaria.
  • ESO.
Para compartir esta historia, elija cualquier plataforma