Directorio /  Colexio Concepción Arenal S. Coop. Galega - Espazo Coop Ir a espazo.coop

Colexio Concepción Arenal S. Coop. Galega
Tipo: Cooperativa de Ensino
Enderezo: Rúa Bedoya 22
Localidade: Ourense
Provincia: Ourense
CP: 32004
Teléfono: 988.220.200

 

O Colexio Concepción Arenal ten moita historia, abriu no ano 1928 (da man de Ángel Martínez Doval movido polas súas inquedanzas pedagóxicas), e non foi ata o ano 2010 que se conformou como cooperativa de ensino, promovida por un numeroso grupo de mestras e mestres trala xubilación do propietario do centro (Javier Martínez Randulfe), polo que o colexio leva máis de oitenta anos ofrecendo ensino, aínda que baixo distintos modelos.

Trátase dun centro concertado laico, no que as socias e socios combinan os seus traballos de mestres e mestras coa xestión do propio centro.

O proxecto educativo está basado en:

  • Un trato personalizado adaptado ó ritmo evolutivo e as capacidades intelectuais de cada alumno/a.
  • Dominar as principales técnicas, estratexias e procedementos do traballo individual e de grupo.
  • Fomentar o bilingüismo dende as primeiras etapas educativas a través da inserción do inglés.
  • Fomentar a actividade e a iniciativa dos alumnos/as.
  • Potenciar a adquisición de coñecementos combinando a investigación, a práctica e o estudo.
  • Relacionar e argumentar para que a aprendizaxe sexa significativa.
  • Potenciar as habilidades artísticas.
  • Desenrolar as habilidades sociais e comunicativas.
  • Atender á diversidade explotando as habilidades individuais e innatas de cada neno/a.
  • Tratar de inculcar o cooperativismo, a solidariedade e os valores colectivos dende os primeiros anos de escolarización.

Etapas:

· Educación Infantil.
· Educación Primaria.
· E.S.O.

 

 

Para compartir esta historia, elija cualquier plataforma