Directorio /  Colexio Ayala s. coop. galega - Espazo Coop Ir a espazo.coop

Colexio Ayala s. coop. galega
Tipo: Cooperativa de Ensino
Enderezo: Rúa Cristovo Colón, 71
Localidade: Narón
Provincia: A Coruña
CP: 15407
Teléfono: 981 380 394
Email de contacto: cpr.ayal@edu.xunta.es

O CPR Ayala é un colexio concertado que cumpriu xa as súas bodas de ouro, nada menos que 50 anos de experiencia, no que cursan estudos alumnas e alumnos de Educación Infantil, Primaria e ESO.

Son unha cooperativa educativa, que conta cun equipo de profesorado integrado por profesionais altamente cualificados/as e con ampla experiencia en diversas metodoloxías educativas.

Os valores que impulsan no Proxecto Educativo do CPR Ayala son a solidariedade, responsabilidade, respecto e esforzo, e desenvolven proxectos de bilingüismo, servizos de apoio á educación, ou de solidariedade.

O seu modelo educativo está baseado nun contacto próximo co alumnado e as familias coa idea de garantir deste xeito un ensino de calidade na Bisbarra de Ferrolterra.

 

Para compartir esta historia, elija cualquier plataforma