Dirección: Rúa Rocío 7
Localidade: Vigo
Provincia: Pontevedra
CP: 36208
Sitio web:
Tel: 986 23 39 38
Fax:
Email: cpr.atlantida@edu.xunta.es


 

O Colexio Atlántida é un centro de ensino privado concertado, que foi fundado no ano 1968. A partir do ano 1996, e a raíz da implantación da LOXSE, foi adquirido polos mestres e as menstras que traballaban no centro nese momento, pasando a organizarse dende entón en réxime de cooperativa.

Hoxe no colexio impártense ensinanzas desde as etapas de Educación Infantil (3 anos) ata 4º de ESO. O centro conta cunha amplia traxectoria docente e, na actualidade, está formado por 22 mestres/as, 16 delas son cooperativistas.

O colexio está situado no barrio de Bouzas, aínda que tamén comprende unha pequena parte dos barrios vigueses de Coia e Alcabre.

 

Principios educativos

Tendo en conta as normas básicas de convivencia que ten que salvagardar os valores e respectar as liberdades básicas, a ideoloxía do centro oriéntase nos seguintes principios:

  • Pleno desenvolvementoo da personalidade do alumnado.
  • Formación no respecto ós dereitos e liberdades fundamentais, e no exercicio á tolerancia da liberdade dentro dos principios democráticos.
  • Adquisición de hábitos intelectuais e técnicas de traballo.
  • Capacidade para afrontar a educación no bacharelato ou na formación profesional específica.
  • Formación para a paz, cooperación e solidariedade entre os pobos.
  • Ambiente de traballo responsable e solidario para que posibilite unha relación persoal completa, respectando e coidando as instalacións e o material do centro.
  • Apertura á comunidade e o seu contorno: relación comunicativa e aberta ó diálogo e ó debate.
  • Centro aconfesional, respectuoso con toda a tendencia ou crenza sen ánimo de influír en ningunha delas.
  • A imaxe do centro será apolítica, sen ningún estereotipo ideolóxico mantendo sempre a liberdade de expresión.
  • Colaborar positivamente creando unha educación coherente coas necesidades reais de cada alumna e alumno e coa unidade social na que se atopa inmera/o.
  • Prestar especial atención á diversidade do alumnado, respectando as diferenzas que poidan existir entre eles/elas, tanto física e intelectuais, como culturais e relixiosas.
  • Fomentar o respecto e a defensa do medio ambiente.

Niveis educativos

  • Educación Infantil
  • Educación Primaria
  • Educación Secundaria

Actividades extraescolares

Baile Clásico ; Baile Modero; Sendeirismo; Obradoiro de Música, Aula Matinal; Xornalismo; Sinergy Didactic; e Obradoiros Manuais.

 

 


Actividades:
Sector(es): Educación, formación