Dirección: Aguaceiros 31. A Zapateira
Localidade: Culleredo
Provincia: A Coruña
CP: 15174
Sitio web: http://www.andaina.com
Tel: 981 138 880
Fax: 981 131 698
Email: colexio@andaina.com


 

Andaina é unha cooperativa centrada na educación. Desenvolven servizos e ectuacións nos ámbitos do ensino regrado, formación e asesoramento do profesorado, ocio e tempo libre.  Diríxense a queles mercados e segmentos de poboación que potencialmente sexan demandantes dos seus servizos diferenciais.

A misión.  
A súa misión é a educación e formación das persoas en todos os ámbitos da vida, acompañándoas na súa aprendizaxe para ser cidadáns/ás comprometidos/as e responsables mediante un proxecto innovador e baseado na cultura cooperativa.

Os valores polos que se rexen.
– Participación democrática e responsable mediante o compromiso e a cooperación.
– Cultura profesional, soporte da calidade a través da formación e do intercambio de experiencias nun contexto creativo.
– Sentido crítico, entendido como capacidade de reflexión e comunicación, partindo da avaliación individual e colectiva co obxecto da mellora continua.
– Compromiso coa realidade social, cultural, económica, tecnolóxica e lingüística, respectando as diferencias e aprendendo delas.
– Pedagoxías construtivistas e innovadoras que desenvolvan competencias funcionais.

Datos de contacto:

Situación: R/ Aguaceiros 31, A Zapateira. 15174 – Culleredo – A Coruña.

Telf. 981 138 880 Fax. 981 131 698

e-mail: colexio@andaina.com

Web: http://www.andaina.com

 


Actividades:
Sector(es): Educación, formación