Directorio /  Colexio Abrente | Adigna S. Coop. Galega - Espazo Coop Ir a espazo.coop

Colexio Abrente | Adigna S. Coop. Galega
Tipo: Cooperativa de Ensino
Enderezo: Rúa Pombal s/n. Portonovo
Localidade: Sanxenxo
Provincia: Pontevedra
CP: 36979
Teléfono: 986 72 34 94

A titularidade do Colexio Abrente corresponde dende o ano 1986 a Adigna Sociedad Cooperativa Galega.

No Colexio Abrente imparten Educación Infantil (de 0 – 3 anos e de 3 – 6 anos), Educación Primaria e Secundaria Obrigatoria. Ademais contan cunha aula de Educación Especial.

Por outra parte ofrecen ao alumnado a posibilidade de complementar os seus estudos asistindo a actividades extraescolares tales como Ximnasia Rítmica, Arts Workshop, Teatro, Obradoiro de Cociña, Educación Coral e Pintura. Tamén se realizan actividades complementarias tales como saídas e actividades culturais, actividades deportivas, etc.

No curso 2010/11 foi seleccionado pola Consellería de Educación para o Plan Abalar dotando as aulas de 5º e 6º de primaria e 1º e 2º de ESO con netbooks para todo o alumnado e pizarras dixitais. Todas as aulas do centro están dotadas con ordenadores, pizarras dixital e canón.

Dende o curso 2011/12 o centro foi nomeado Colexio Plurilingüe pola Consellería de Educación, impartindo varias materias en lingua inglesa.

No curso 2014/15 foi seleccionado pola Consellería de Educación para o proxecto E-DIXGAL polo que en 5º de primaria utilizan libros dixitais para todas as alumnas e alumnos.

Tamén se imparten Cursos de Informática para os pais, nais e todas aquelas persoas que o desexen.

En canto a servizos complementarios os nenos/as poden dispor de comedor e do Plan Madruga.

Actividades:

Actividades Estraescolares: Informática, Ximnasia Rítmica, Guitarra.

Deporte Escolar, Saídas Culturais, Festivais.

Programa Cultural, Carreira Escolar do Salnés, Mini Carreira Escolar, Coro Escolar.

Inglés no Estranxeiro, e Casa de Familia.

Colonias de Verán, Formación Ocupacional, ou Librería Escolar.

 

 

Para compartir esta historia, elija cualquier plataforma