Dirección: Rúa Falperra, 7 - 6º esquerda
Localidade: A Coruña
Provincia: A Coruña
CP: 15005
Sitio web: http://www.cooperativadecine.com
Tel: 981 927 883 / 698 151 670
Fax:
Email: info@cooperativadecine.com


Cine e documental

A Cooperativa de Cine e Documental é unha productora audiovisual creada en xullo de 2010 por tres persoas procedentes do mundo audiovisual, achegando unha ampla experiencia ao sector.  A empresa ofrece un abano de servizos cinematográficos, entre os que se atopan:

– Produción, realización e postprodución cinematográfica. Longametraxes de ficción ou documental, así como curtametraxes.

– Produción, realización e postprodución de publicidade. Spots, campañas publicitarias, vídeos corporativos, teasers o videoclips musicais.

– Escritura e consultoría de guións. Asistencia e corrección para guións cinematográficos.

– Tradución de guións. Inglés, francés e galego.

– Procura de localizacións. Xestión de localizacións para longametraxes, spots, etc.

– Storyboards.

A Cooperativa realizou unha serie de proxectos de interese como os documentais históricos Corunna: a batalla de Elviña e Resplandor no abismo (en fase de postproducción) e a procura de localizacións do longametraxe de terror Lobos de Arga.

 


Actividades: Actividades de produción audiovisual cine e documental, TV, audiovisuais, cine, festivais, organización, películas, produción, traballos, vídeo
Sector(es): Audiovisual