Directorio /  Cidadanía rede de aplicacións sociais, S. Coop. Galega - Espazo Coop Ir a espazo.coop

Cidadanía rede de aplicacións sociais, S. Coop. Galega
Tipo: Cooperativa de Traballo Asociado
Enderezo: Cidadanía, S. Coop. Galega Rúa Pamplona, 7 Santiago de Compostela A Coruña 15707 981 589 269 Jesús de La Fuente Blanco cidadania@cidadania.coop www.cidadania.coop 8559 Outro ensino n.c.o.p. 31/01/00 180-SCT 2010 Servizos de investigación social F-15715683 5 2 3 1 1 RETA ACTIVA Cidadanía, S. Coop. Galega Rúa Pamplona, 7 Santiago de Compostela A Coruña 15707 981 589 269 Jesús de La Fuente Blanco cidadania@cidadania.coop www.cidadania.coop 8559 Outro ensino n.c.o.p. 31/01/00 180-SCT 2010 Servizos de investigación social F-15715683 5 2 3 1 1 RETA ACTIVA Rúa Pamplona 7
Localidade: Santiago de Compostela
Provincia: A Coruña
CP: 15707
Teléfono: 981 589 269
Email de contacto: cidadania@cidadania.coop

Rede de aplicacións sociais

Cidadanía é unha empresa cooperativa constituída por un equipo multidisciplinar de profesionais do ámbito das ciencias sociais, pioneira en Galiza na integración de investigación, participación cidadá, planificación pública e xeración de capital social.

O equipo que o conforma, e os seus colaboradores, están comprometidos na maximización da utilidade social das investigacións e intervencións que realiza. O seu principio inspirador é a activación da participación, como metodoloxía innovadora de xestión e de mellora organizativa, como vía de desenvolvemento sociocomunitario, e como finalidade democrática de implicación e corresponsabilización da cidadanía nas decisións colectivas.

Cidadanía presta os seguintes servizos:

investigación social aplicada (estudos, análises, investigacións participadas, que buscan poñer en valor a dimensión activa das persoas e colectivos, involucrándoos tanto na diagnose de situacións, como no deseño e posta en marcha de accións orientadas ao cambio social…).

traballos de consultaría pública (deseño e implementación de políticas públicas, planificación estratéxica, ou avaliación de políticas).

Innovación democrática para mellorar a súa calidade, así orientan e apoian a democracia participativa como ámbito central de acción mediante a apertura de espazos deliberativos nos procesos de planificación pública, ou a vertebración da sociedade civil, para a activación dunha cidadanía activa e corresponsable.

servizos de mellora organizativa e cualificación das persoas, especialmente orientada á realidade das entidades do terceiro sector, ás empresas de economía social e ás organizacións do ámbito público.

 

Para compartir esta historia, elija cualquier plataforma