Directorio /  Aventeira s. coop. galega - Espazo Coop Ir a espazo.coop

Aventeira s. coop. galega
Tipo: Cooperativa de Traballo Asociado
Enderezo: Avda. Conces 61 - 2ºP3
Localidade: Fene
Provincia: A Coruña
CP: 15500
Teléfono: 722 342 658
Email de contacto: aventeira@aventeira.com

AVENTEIRA adícase á educación no tempo libre. Desenvolven Campamentos e Excursións, fan Dinamización, ofrecen un Lecer Alternativo, Formación e desenvolven distintos Proxectos neste campo.

Cooperativa | Son un equipo multidisciplinar de persoas comprometidas e con moita experiencia no sector. Creen na creación colectiva, no diálogo e nos consensos, e a súa opción é poñer ás persoas por diante.

Educación | Para Aventeira, o lecer e o tempo libre representan a contorna perfecta para a educación en valores, a convivencia e o crecemento persoal e colectivo. Buscan construír un mundo mellor a través das súas actividades.

Lecer | Queren achegar alternativas de ocio de calidade a tódalas persoas. Campamentos, excursións, xogos e actividades de todo tipo, para aproveitar ao máximo o tempo libre de pequenas/os e maiores.

 

Aventeira é unha cooperativa de traballo ubicada en Fene (A Coruña)

Para compartir esta historia, elija cualquier plataforma