Directorio /  Asitecno, S. Coop. Galega - Espazo Coop Ir a espazo.coop

Asitecno, S. Coop. Galega
Tipo: Cooperativa de Traballo Asociado
Enderezo: Rúa do Tambre,33 baixo-Meixonfrío
Localidade: Santiago de Compostela
Provincia: A Coruña
CP: 15705
Teléfono: 981 576 683
Email de contacto: asitecnoscg@yahoo.es

Formación profesional especializada

Asitecno créase no ano 2003, en Santiago de Compostela, formada por catro persoas socias, coa finalidade de formar e ofrecer asistencia técnica aos profesionais da electricidade, fontanería, calefacción, climatización, gas, etc. Son un centro de formación autorizado pola Xunta de Galicia para a impartición de cursos teórico–prácticos e para a obtención de carnés profesionais.

A cooperativa, desde a súa constitución, ampliou os seus servizos e adaptouse ás novas tecnoloxías e mellorou o seu sistema organizativo de cara a ampliar e diversificar a súa cota de mercado. Aínda que a súa área de influencia por excelencia é a capital de Galicia, algúns dos cursos que realiza lévaos a cabo por toda a provincia de A Coruña.

Dentro dos servizos que Asitecno ofrece, están os seguintes:

Servizo de asistencia técnica e impartición de cursos de formación para instaladores de electricidade, fontanería, gas, calefacción, climatización, produtos petrolíferos líquidos e afíns.

Redacción de todo tipo de proxectos técnicos, direccións de obra así coma a elaboración e tramitación do material e da documentación técnica referente a instalacións.

Curso de convalidación de carné de instalacións térmicas en edificios; así coma outros cursos relacionados co sector.

Para compartir esta historia, elija cualquier plataforma