Directorio /  Ardora Formación e Servizos, S. Coop. Galega - Espazo Coop Ir a espazo.coop

Ardora Formación e Servizos, S. Coop. Galega
Tipo: Cooperativa de Traballo Asociado
Enderezo: Edificio OFICENTRO I nº15 - Oficina 103C. Ramallosa
Localidade: Nigrán
Provincia: Pontevedra
CP: 36201
Teléfono: 986 020 899
Email de contacto: ardora@ardoraformacion.com

Formación e servizos.

En Ardora desenvolven traballos relacionados coa formación e a asistencia técnica, principalmente en materia marítima e de pesca, de medio ambiente ou inclusive en prevención de riscos laborais.

Nacen coa pretensión de desenvolver ideas e proxectos propios, aplicando unha metodoloxía xa definida e priorizando a conciliación da vida familiar, laboral e persoal das persoas socias e traballadoras da cooperativa. Conformada por un equipo multidisciplinar formado no campo das ciencias experimentais e sociais, e con bagaxe no apoio das explotacións pesqueiras e marisqueiras, nos servizos auxiliares e tamén no ámbito da consultoría, a formación medioambiental e a prevención dos riscos laborais.

Realizan servizos de consultoría e innovación (deseñan e executan proxectos de investigación e plans de acción sectoriais e transversais), de formación (deseñan e imparten docencia dende unha perspectiva multidisciplinar no sector marítimo pesqueiro e outros, mediante cursos, seminarios, itinerarios interpretativos, campañas de sensibilización, ou elaboración de materiais didácticos).

Na aplicación real iso tradúcese, entre outros, na realización de labouras en proxectos de inserción laboral no sector marítimo pesqueiro, en traballos de sensibilización cidadá ao redor dos residuos domésticos, de prestación de servizos en proxectos de explotación de algas en Galiza, na oferta de formación ou da súa impartición en materia de pesca e tamén en materia de prevención dos riscos laborais, igualdade, … Tamén están diversificando a súa actividade realizando traballos relacionados co sector cooperativo (estudos, formación, divulgación e promoción). Os principais clientes son a administración pública local e autonómica, as empresas privadas, entidades sen ánimo de lucro e asociacións, e enmarcan o seu ámbito xeográfico de actuación na Euro-rexión Galicia-Norte de Portugal.

Ardora formación e servizos foi galardoada polo Consello Galego de Cooperativas co Premio ao Mellor Proxecto Cooperativo 2007.

Ardora estivo presente cun stand na Culturgal 2013

Para compartir esta historia, elija cualquier plataforma