Directorio /  Apoio, S.Coop.Galega - Espazo Coop Ir a espazo.coop

Apoio, S.Coop.Galega
Tipo: Cooperativa de Traballo Asociado
Enderezo: Travesía de Sousas, 12, 1º A
Localidade: Verín
Provincia: Ourense
CP: 32600
Teléfono: 699 954 562
Email de contacto: dani@apoio.com

Cooperativa de consultoría e formación ESPECIALIZADA EN PEQUENAS EMPRESAS E EMPRENDEDORES.

Misión

Acompañar ás pequenas empresas e aos emprendedores a que melloren os seus proxectos e alcancen as súas metas.

Rede Apoio é unha empresa de consultoría e formación ESPECIALIZADA EN PEQUENAS EMPRESAS E EMPRENDEDORES, aos que lle ofrece propostas a medida que melloren os seus negocios, así como actividades formativas dirixidas aos seus propietarios e empregados.

 

Da nosa competencia (outras consultoras, asesorías…) diferéncianos o seguinte:

– Ofrecemos UNICAMENTE SOLUCIÓNS prácticas e utiles.

– Temos un CUSTE MOI REDUCIDO, adaptado á realidade económica das pequenas empresas.

 

Como entidade cooperativa, a nosa forza é a unión dun conxunto de técnicos multidisciplinares (“Rede”) e a nosa motivación é cooperar entre nós e cos nosos clientes (“Apoio”).

Para compartir esta historia, elija cualquier plataforma