Directorio /  ACR, S. Coop. Galega - Espazo Coop Ir a espazo.coop

ACR, S. Coop. Galega
Tipo: Cooperativa de Traballo Asociado
Enderezo: Urzáiz, 62 entreplanta esquerda
Localidade: Vigo
Provincia: Pontevedra
CP: 36204
Teléfono: 986 128 590
Teléfono 1: 986 128 580
Email de contacto: acr@acrconsultores.com

Asesoría integral de empresas

ACR é unha empresa consultora creada no ano 1997 co obxectivo principal de poñer a disposición da pequena e mediana empresa unha infraestrutura tecnolóxica e humana altamente cualificada.

Buscan como satisfacer as necesidades tan heteroxéneas ás que calquera empresa pode verse sometida, a través das áreas especializadas que compoñen a súa organización. Poñen especial atención no desenvolvemento de instrumentos de xestión para que permitan ao empresariado centrarse na súa actividade.

Ofrecen de xeito persoalizado información sobre: creación de empresas, financiamento, axudas públicas, información laboral, concursos públicos, …

Na área de asesoría destacan os servizos en recursos humanos, fiscalidade e contabilidade.

Na área de consultoría prestan servizos de elaboración de estudos de mercado, proxectos de viabilidade, proxectos estratéxicos, proxectos operativos ou xestión de subvencións.

Para compartir esta historia, elija cualquier plataforma