Dirección: Centro de negocios MAEXPA, Pológono Industrial Costa Vella (Rúa Amio, 114)
Localidade: Santiago de Compostela
Provincia: A Coruña
CP: 15707
Sitio web: http://www.abeirosocial.com
Tel: 981 559 059 / 678 671 403
Fax: 981 575 932
Email: abeirosocial@hotmail.com


Servizos sociais especializados

Abeiro Social é unha cooperativa de traballo asociado, constituída no ano 2004 por sete persoas, cuxa actividade está enmarcada dentro dos servizos sociais. Elixiron constituírse en cooperativa porque crían nos principios cooperativos, porque apostaban por unha fórmula xurídica que fomentase a participación activa, pola súa capacidade innovadora na xestión e organización, porque lles permite achegar solucións individuais aos problemas colectivos e tamén porque a fórmula cooperativa xera benestar social ofrecéndolles saídas laborais aos seus membros e crea un sentido de solidariedade cara a un mesmo e cara a poboación asistida.

Abeiro Social traballa nas seguintes áreas:

Colaboración no desenvolvemento dos programas e actividades propios dos servizos sociais de atención primaria e especializada. Atención a colectivos con especiais dificultades de integración.

Actividades de carácter educativo, cultural e recreativo que contribúan a unha maior calidade de vida das persoas beneficiarias.

Actividades de promoción da muller e educación para a igualdade entre o home e a muller.

Actividades de formación relacionadas cos servizos sociais

Para facer efectivas estas actividades, Abeiro Social conta cun abano de profesionais – psicólogos/as, traballadoras sociais, educadoras/es sociais, sociólogos/as – que fan realidade os proxectos que acorden desenvolver.

Preme sobre o nome para ver un vídeo da cooperativa: abeiro social

 


Actividades: Actividades de servizos sociais especializados, cultura, educación
Sector(es): Educación, formación, Servizos ás persoas e a comunidade