Dirección: Romero Donallo nº 45 - Praza do Ensanche - Local 76
Localidade: Santiago de Compostela
Provincia: A Coruña
CP: 15702
Sitio web: http://www.7hcoop.gal
Tel: 881 97 87 56 - 637 89 40 33 - 645 55 11 84
Fax:
Email: 7hcoop@7hcoop.gal


7H S. Coop. Galega é unha cooperativa de traballo asociado e sen ánimo de lucro vencellada ao ámbito das industrias culturais, creativas e artísticas de Galicia.

Constituída no ano 2015, as súas socias promotoras apostaron pola fórmula cooperativa convencidas da profunda necesidade de traballar en comunidade para lograr unha real democratización da creación contemporánea, así como unha profunda dinamización do tecido cultural galego.

Aberta a todo tipo de colaboracións, a súa esencia como proxecto é aplicar os valores cooperativos na construción dunha comunidade cultural participativa e democrática, onde se faga visible o claro compromiso do sector cara á sociedade.

A prestación de servizos profesionais e a produción, realización e desenvolvemento de proxectos artístico-culturais propios, conviven co apoio e aposta polos proxectos que nós chamamos de Impacto Social: proxectos artísticos nos que prevalece a implicación social e a solidariedade sobre o interese económico.

 

 

7Hcoop


Actividades:
Sector(es): Actividades culturais, de ocio e deportivas