Convocáronse as subvencións 2018 para fomento do emprendemento en economía social (programa Aprol-economía social)

Estas axudas están destinadas ás cooperativas, entre outras beneficiarias.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria convoca estas axudas en réxime de concorrencia non competitiva.

 

 

 

Documentos informativos:

  • Bases da convocatoria aquí
  • Resumo da orde aquí
  • Folleto aquí
  • Ampliación de crédito orzamentario das axudas aquí

Finalidade do Programa Aprol :

Fomentar a incorporación de persoas desempregadas e persoas traballadoras temporais a cooperativas e sociedades laborais.

Establecéronse os Programas:

  • Programa I: Fomento de emprego en cooperativas e sociedades laborais.
  • Programa II: Fomento do acceso á condición de persoa socia.

Prazo de solicitudes :

O prazo para presentar solicitudes finaliza o 1 de outubro de 2018.

Lembrade!, dende a Unión de Cooperativas EspazoCoop asesorámosvos gratuítamente na súa tramitación, estamos á vosa disposición para realizar servizos de acompañamento na posta en marcha de proxectos de índole cooperativa.