Convocatoria Aberta do programa CULTURA EXTERIOR: Aceleradora para a internacionalización do sector creativo e cultural

A Zona Franca de Vigo acaba de lanzar unha aceleradora para a internacionalización do sector creativo e cultural.

Dende a Unión de Cooperativas EspazoCoop animamos ás cooperativas socias pertencentes á Sectorial de Cultura da Unión a informarse sobre este recurso por se fora do seu interese participar no Programa.

Trátase dunha aceleradora sectorial, deseñada especificamente para pemes galegas do sector cultural e creativo (editorial e educativo, producción e distribución artística e musical, artes escénicas, vídeoxogos, comunicación, publicidade, eventos…).

O seu obxetivo principal é diminuír os tempos de acceso ao mercado, aumentando as probabilidades de éxito no proceso de internacionalización. O seu programa está composto por sesións formativas e de titorización, cun acompañamento permanente:

  • Análise do potencial de internacionalización
  • Plan estratéxico de internacionalización
  • Guía das principais feiras de interese
  • Un roadmap persoalizado das axudas dispoñibles
  • Desenvolvemento de competencias comerciais e de presentación

Así que, se tes un proxecto de internacionalizaicón que desenvolver e se pensas que podes impulsalo co apoio desta Aceleradora inscribe o teu proxecto, a inscrición ao programa é gratuíta.

No seguinte enlace tes acceso ao formulario de inscrición: aquí

Folleto informativo da Aceleradora : aquí
Prazo: As inscricións están abertas ata o 20 de xaneiro.