Manual Ideas Cooperativas en Acción

Un manual para a posta en marcha de proxectos de autoemprego cooperativo, editado pola Consellería de Traballo e Benestar, coa autoría da cooperativa de traballo Xedega s. coop. galega.

Este manual conta a historia de tres persoas que decidiron asumir o reto de emprender, de poñer en marcha as súas ideas, conscientes de que a única idea boa é a que se converte en acción.

Nos seguintes capítulos acompañámolas nese proceso de creación e posta en marcha dun proxecto de autoemprego colectivo en rexime de cooperativa, como fórmula de emprendemento en “solidario” fronte aos que deciden emprender en “solitario”.

Con elas repasamos os principais factores que se deben ter en conta con carácter previo á posta en marcha dunha iniciativa empresarial cooperativa, especialmente no planeamento previo e na análise da viabilidade.

DESCARGA : Ideas cooperativas en acción