Coa idea de dar a coñecer a fórmula empresarial cooperativa como unha boa opción de emprendemento entre persoas desempregadas ou persoas que están a buscar unha alternativa de autoemprego, a Rede Eusumo organiza as xornadas “Emprender baixo a fórmula cooperativa”.

Entre os obxectivos que persegue estas xornadas destacan:

– Achegar o modelo cooperativo a persoas desempregadas e persoas que están a buscar unha alternativa de autoemprego.

– Dar a coñecer o modelo cooperativo: as súas características e particularidades.

– Achegar aos participantes experiencias reais de cooperativas.

– Coñecer os pasos para crear un proxecto cooperativo.

– Mostrar os recursos e ferramentas a disposición do impulso ao cooperativismo.

Estas xornadas, dirixidas a persoas desempregadas e persoas que están a buscar unha alternativa de autoemprego, realizaranse o día  25 de febreiro de 2015, nas instalacións da Confederación de Empresarios de A Coruña, en horario de mañá de 10:00 h. a 14:00 h, e o día 26 de febreiro na Cámara de Comercio de Ourense, no mesmo horario.

– Díptico A Coruña e Mailing A Coruña

– Díptico Ourense e Mailing Ourense

Para calquera cuestión, contacte no teléfono 981 558 008 ou no enderezo info@eusumo.coop.

Para máis información, visite as web: www.eusumo.coop – www.cooperativasdegalicia.com