Coa idea de dar a coñecer a fórmula empresarial cooperativa como unha boa opción de emprendemento entre persoas desempregadas ou persoas que están a buscar unha alternativa de autoemprego, a Rede Eusumo organiza a xornada “Emprender baixo a fórmula cooperativa”.

Entre os obxectivos que persegue nesta xornada destacan:

·         Achegar o modelo cooperativo a persoas desempregadas e persoas que están a buscar unha alternativa de autoemprego.

·         Dar a coñecer o modelo cooperativo: as súas características e particularidades.

·         Achegar aos participantes experiencias reais de cooperativas.

·         Coñecer os pasos para crear un proxecto cooperativo.

·         Mostrar os recursos e ferramentas a disposición do impulso ao cooperativismo.

Esta xornada, dirixida a persoas desempregadas e persoas que están a buscar unha alternativa de autoemprego, realizarase o 05 de febreiro en Xinzo de Limia (Ourense) nas instalacións da Casa do Concello. A xornada celebrarase en horario de mañá de 10:30 h. a 13:00 h.

– Cartel Xornada Xinzo de Limia

– Díptico Xinzo de Limia

– Mailing Xinzo de Limia

Para calquera cuestión, pode poñerse en contacto no teléfono 981 558 008 ou no enderezo info@eusumo.coop.

Para máis información, visite as web: www.eusumo.coop – www.cooperativasdegalicia.com